08 abr A arte posta ao servizo da loita contra a violencia de xénero
EL CORREO GALLEGO | Cris Botrán | Foto: Sangiao
Carmela Silva emplaza en Lalín á sociedade a comprometerse e educar en igualdade na apertura da mostra ‘Mulleres en acción: violencia zero’ // A capital do Deza servíu ás artistas contemporáneas como un dos dez escenarios do proxecto
Loitar e concienciar aínda máis se cabe á sociedade contra a lacra da violencia de xénero e incidir na necesidade de educar en igualdade. Ese é o obxectivo final que pretende transmitir a mostra itinerante que onte se inauguraba no concello lalinense, promovida pola Deputación de Pontevedra, baixo o título Mulleres en acción: violencia zero. Trátase, según incidiron os presentes, dunha exposición na que se mostran os resultados dun proxecto de acción artística contemporánea (danza, teatro, performances) levado a cabo de xeito simultáneo o pasado 25 de novembro en dez espazos públicos da pronvincia de Pontevedra, entre eles Lalín, por outras tantas artistas femeninas sensibilizadas coa loita contra a violencia machista e os malos tratos,
[…] leer más
Sorry, the comment form is closed at this time.