31 ene O castelo de Soutomaior acolle este xoves unha xornada sobre a contribución da moda ao feminismo e unha visita guiada á exposición «A moda en detalles». Participarán importantes referentes da moda en Galicia como a investigadora Lola Dopico, a deseñadora Charo Froján, a artista Mónica Mura e a comisaria da mostra, Natalia Fraguas.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, informou hoxe en rolda de prensa de que o próximo xoves 31 o castelo de Soutomaior acolleráunha visita guiada á exposición «A moda en detalles» e unha posteriorxornada de reflexión sobre a contribución da moda ao feminismo. Nestepercorrido, no que se pretenden tender pontes entre a moda do século XXI ea do século XIX, participarán importantes referentes da moda en Galiciacomo son a directora do Máster en Deseño e Dirección Creativa Lola Dopico,a deseñadora da empresa D-DUE, Charo Froján, a artista e deseñadora gráfica, Monica Mura e a comisaria da mostra Natalia Fraguas. Seguir lendo en galego DEPUTACION PONTEVEDRA […]
Sorry, the comment form is closed at this time.